Cadena de Formación de Emprendedores, Valnalon Educa

Ciudad Industrial del Valle del Nalón S.A.U. C/ Hornos Altos s/n, 33930 La Felguera, Asturias. España

Emprender en mi Escuela

Contenido Pie de página

Cooperativa Friart

  • Presentación

    Somos a cooperativa Friart, do colexio Ceip Frian-Teis de Vigo.

    Esta cooperativa do alumnado de 6º nace coa idea de aproveitar un fabuloso espazo dedicado a horta que temos no noso colexio e de dar renda solta a creatividade que todos e todas levamos dentro.

    Nesa horta faremos semilleiros para acadar futuras plantas que luzan ben bonitas no mercadiño que faremos. Mentres esas plantas non crecen, que necesitan tempo, adicarémonos a crear distintos obxectos aproveitando, nalgunhas ocasións, materiais de refugallo.

    Blog: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/taxonomy/term/318

    Foto de grupo

    Documentos de la cooperativa

    Contrato de préstamos

    13-03-2017

    descargar

     

    Acta da constitución da cooperativa Friart

    13-03-2017

    descargar

     

    Constitución dos departamentos da cooperativa Friart

    13-03-2017

    descargar

     

    Diario

    Mercado no noso colexio

    02-06-2017

    Co gallo do día da festa de actividades extraescolares do noso centro, mércores 31 de maio, realizamos o segundo mercado. Xa non era novatos e eso notouse moito. Montamos os stands á carreira e decoramos todo moi xeitoso. Foi todo un éxito de ventas e de demostración do noso traballo. Recibimos moitísimas felicitacións. Mirade como lucían no noso patio a nosa tenda...

     

    Chegou o gran día!

    02-06-2017

    O martes 30 de maio participamos no mercado de Depoemprende, na rúa Montero Ríos de Pontevedra. Durante os últimos 15 días a actividade foi frenética: coidado de prantas, etiquetado, listas de prezaos, decoración dos nosos stands...Pero valeu a pena todo estaba preparado e así quedou de lucido. O resultado foi moi bo, e as ventas foron considerables, así que todos contentos. O mercadillo foi completado cun coworking e unha visualización dun vídeo resumo de todos os traballos das cooperativas e unha boa merenda.
    Moitas grazas por todo!
     

     

    Últimos preparativos

    29-05-2017

    O Mercado de Pontevedra está a punto de chegar, as clases son un auténtico taller, estará todo preparado?
    Traballar...traballamos...

     

    Os traballos seguen o seu camiño...

    09-05-2017

    Xa temos decoración para as nosas plantas...seguro que lucirán moito.

     

    Ultimando traballos cara ó mercado

    09-05-2017

    Nesta nova queremos reflexar algúns dos traballos que estamos a realizar para o mercado do día 30. Decoración de caixas porta plantas.
     

     

    Os noso jacintos

    04-04-2017

    Os jacintos empezan a estar preciosos. Están saíndo de todas as cores. O que máis nos gusta e o arrecendo tan característico que teñen....

     

    Semilleiro de albahaca

    04-04-2017

    O noso semilleiro de albahaca xa o temos preparado para transplantar. Hoxe, 4 de abril,  o equipo de produción preparou as primeiras unidades para levar os invernadoiros, de momento, para que alí crezan e collan tamaño para ser vendidas.
     

     

    Os semilleiros no invernadoiro

    03-04-2017

                                                                                 20 de marzo
    O noso semilleiro de plantas ornamentais está comezando a dar os seu froitos. Botade unha ollada. Parece que si imos a ter plantas...é moitas.
    A natureza segue o seu curso.

     

    Preparando a terra

    03-04-2017

                                                                               10 de marzo
    Coa entrada da primavera os traballos nos bancais do colexio adicados á nosa cooperativa aumentan. Aquí temos ó grupo de produción facendo ás súas tarefas.

     

    Plantamos bulbos de jacintos

    05-03-2017

    Arrincamos os traballos da nosa cooperativa Friart. Despois de adquirir un bulbos de jacinto, para vender máis adiante, chegou o momento de plantalos. Empregamos vasos de iogur de cristal, así tamén reciclamos despois de investigar como se plantan. Esperemos que florezan! De momento, os temos nunha ventá para que reciban a luz necesaria.

     

    Comezamos os traballos

    05-03-2017

    Despois de moito falar e recoller as ideas dos cooperativistas chegamos a dúas conclusións o nome da cooperativa será FRIART, porque o noso é o arte, dende sempre somos uns artistas. Tamén eliximos á portavoz que represente a nosa cooperativa. Deixámosvos unha imaxes dalgúns momentos de traballo.

     

    Visitamos a Deputación de Pontevedra

    05-03-2017

    O 30 de Novembro visitamos a Deputación de Pontevedra dentro do programa "Depoemprende". O alumnado de 6º fomos a presentar a nosa cooperativa "Friart" e a recibir o CIF da mesma para poder empezar a traballar.

    Para presentar a nosa cooperativa eleximos de portavoz a alumna, Vega. Xa alí na Deputación ensináronnos as salas máis importantes deste precioso edificio, como podedes comprobrar nas seguintes imaxes.

    Voltamos para o colexio cun agasallo, uns mostradores para a venda dos nosos produtos.

     

    Cooperativa Friart

    Centro: CEIP FRIAN-TEIS

    Direccion: Rúa Gonderán 42, Vigo, 36206, Pontevedra, España

    Correo Electrónico: friart@ceipfrianteis.com

    Web/Blog: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrian/taxonomy/term/318

    Alumnos/as: 40

volver subir

Curso 2016-2017

Estás viendo los datos del curso escolar 2016-2017